O Depor Abanca B pecha ante a Torre unha semana fantástica de 9 puntos
O Deportivo Abanca B impúxose ao Torre (4-0) en Arteixo e pecha unha semana fantástica con 9 puntos: 3 polo seu triunfo ante o O Val o pasado domingo, 3 por derrotar hoxe ao Torre, e outros 3 puntos pola decisión do Comité de Competición de dar por gañado ao Deportivo Abanca B por 3-0 o seu encontro do pasado 19 de marzo ante o San Miguel, conxunto que non se presentou a xogar.
Ante o Torre, as deportivistas foron mellores, e os goles de Alba, Vero -2- e Raña certificaron esa superioridade.
Con este resultado, o Deportivo Abanca B é oitavo na clasificación da Primeira División Autonómica feminina con 34 puntos.
Deportivo Abanca B: Ameneiros, Laura, Noe, Pauli, Ainhoa, Karina, Alba, Ari, Ana, Michelle e Vero. Tamén xogaron: Merchi, Raña, Marta, Cape e Natalia.
O próximo fin de semana, o Deportivo Abanca B visita ao Arcadia.
Os resultados do conxunto deportivista en Primeira División Autonómica son os seguintes:
AlertaNavia 0 - Deportivo Abanca B 0 Deportivo Abanca B 1 (Noe) - CCAR Valladares 2 Portonovo 2 - Deportivo Abanca B 1 (Raña) Deportivo Abanca B 1 (Natalia) - Vitoria B 1 Deportivo Abanca B 1 (Laura Doce) - Vitoria FC 2 Sárdoma B 3 - Deportivo Abanca B 3 (Vero -3-) Deportivo Abanca B 0 - UD Ourense 0 San Miguel 3 - Deportivo Abanca B 2 (Vero e unha futbolista rival en propia meta) Deportivo Abanca B 1 (Vero) - O Val 2 Torre 1 - Deportivo Abanca B 2 (Ainhoa e Lucía) Deportivo Abanca B 2 (Vero -2-) - Arcadia 1 Deportivo Abanca B 6 (Vero -5- e Laura) - Xuventú Aguiño 0 Umia 1 - Deportivo Abanca B 2 (Vero -2-) Deportivo Abanca B 0 - Milagrosa 1 Deportivo Abanca B 3 (Ainhoa, Raña e Vero) - AlertaNavia 1 CCAR Valladares 3 - Deportivo Abanca B 1 (Marta) Deportivo Abanca B 1 (Michelle) - Portonovo 2 Victoria B 0 - Deportivo Abanca B 2 (Doce e Vero) Victoria FC 3 - Deportivo Abanca B 1 (Raña) Deportivo Abanca B 4 (Natalia -2-, Vero e Michelle) - Sárdoma B 1 Ourense 2 - Deportivo Abanca B 1 (Noe) Deportivo Abanca B - San Miguel, suspendido O Val 0 - Deportivo Abanca B 3 (Vero, Natalia e Ainhoa) Deportivo Abanca B 4 (Alba, Vero -2- e Raña) - Torre 0