RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA mídese mañá martes en Asturias a un Real Oviedo que conta os seus amigables de pretemporada por vitorias

Despois da enorme felicidade de ver onte a tres ex deportivistas (Tere Abelleira, Athenea del Castillo e Misa) no máis alto do fútbol mundial, o Dépor ABANCA inicia esta mañá a súa quinta semana de pretemporada.

Mañá martes, As Nosas desprázanse ao campo ovetense de San Claudio para medirse a partir das 17:00 ao Real Oviedo, equipo que milita en Segunda Federación FutFem despois de descender a temporada pasada.

O choque será especial para Sara Debén, Laurina e Henar, con pasado carbayón antes de militar no Dépor ABANCA.

Coas baixas de Ainhoa Marín, ADT (Ana de Teresa) e Raquel, esta a consecuencia dunha contusión nunha cadeira, Irene Ferreras, adestradora branquiazul, leva mañá pola mañá a Asturias a estas xogadoras: Yohana, Samara, Clara Rodríguez, Henar, Inés Altamira, Paula Gutiérrez, Eva Dios, Carlota, Millene, Lía, Lucía, Ayaka, Laurina, Marta Charle, Sara Debén, Cris Martínez e Paula Monteagudo; ademais da canteirás Carmen Carballada e Elena Vázquez. 

O de mañá será o primeiro do tres partidos que se disputarán en Asturias, posto que o domingo 27 o Dépor ABANCA mídese en Siero á SD Eibar e o sábado 2 de setembro en Grado ao Athletic Club B, partido co que concluirá a pretemporada.

Ademais do Deportivo Alavés Gloriosas, chamado a ser un dos rivais directos polo ascenso á liga F, dous equipos punteiros en Portugal e con varias mundialistas nas súas filas, como foron o SC Braga e Sporting CP, mediron a progresión das branquiazuis.

Pola súa banda, as ovetenses chegan ao partido con pleno de triunfos este verán. Acaban de derrotar ao seu eterno rival, o Sporting de Gijón (3-2) no I Derbi Ganzábal, en Langreo; e anteriormente venceron ao Real Avilés Feminino (3-2) e á Real Sociedad B (2-0).

Finalizado o encontro ante o Real Oviedo, As Nosas adestraranse de novo na Cidade Deportiva o mércores 23 de agosto ás 10:00.