RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA prepárase desde este martes 2 para retomar a competición coa visita do Granada CF a ABANCA-RIAZOR

Despois do parón ligueiro polos compromisos das seleccións nacionais, o Dépor ABANCA comeza este martes 2 de decembro no Dépor Training Center a preparar a seguinte cita ligueira, o sábado 6 ás 12:00 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR ante o Granada CF.

As Nosas retoman a liga con 10 puntos na 13ª posición.

Fran Alonso non poderá contar nestas primeiras sesións da semana coas internacionais Inês Pereira, Michi Apóstol e Antía Veiga.

Espe Pizarro, concentrada con Uruguai, regresará cunha lesión muscular xa confirmada no recto femoral da súa perna dereita.

O corpo técnico disporá de 4 sesións matinais no campo 6 do Dépor Training Center con esta planificación:

Martes 2 de decembro
10:30 h.

Mércores 3 de decembro
10:30 h.

Xoves 4 de decembro
10:30 h.

Venres 5 de decembro
10:30 h.

Sábado 6 de decembro
12:00: Deportivo ABANCA - Granada CF