RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA visita este sábado 6 ás 12:00 ao RCD Espanyol "con fame de conseguir a primeira vitoria"

O mes de setembro comeza para o Dépor ABANCA coa visita este sábado 6 de setembro ás 12:00 (Dazn) ao RCD Espanyol na CE Dani Jarque.

Fran Alonso asegurou en rolda de prensa esta mesma mañá que o equipo completou "unha boa semana. O equipo está con moitísimas ganas".

As Nosas saldaron cun empate (0-0) en ABANCA-RIAZOR ante o FC Badalona Women a súa primeira cita ligueira. "Non puidemos conseguir os 3 puntos que era o noso obxectivo o anterior partido. Temos fame por conseguir a primeira vitoria desta temporada. Adestraron moi ben, con moitas ganas. Viaxamos con 18. Hai moitísima competencia por prazas pero é bo para o equipo", apuntou o técnico deportivista.  

Son baixa para o encontro as lesionadas Espe Pizarro, Vera Martínez e Millene. 

Pola súa banda, o RCD Espanyol caeu por 0-5 en casa ante o potente Atlético de Madrid na primeira xornada da Liga F.

Sara Monforte, a súa adestradora, asegurou que o seu equipo "xa está ben" e "pensando no Dépor ABANCA, non no partido pasado. Revisamos erros, cousas que hai que mellorar e xa centrados no seguinte partido".

O conxunto espanyolista conta coas baixas de Guerra, Pablos e Ainoa.

O Dépor ABANCA adestrouse esta mañá en Abegondo antes de viaxar a Barcelona con esta folla de ruta:

Venres 5 de setembro
14:05: Saída do Aeroporto de Vigo do voo con destino ao Aeroporto de Barcelona - Josep Tarradellas
15:50: Chegada ao Aeroporto de Barcelona - Josep Tarradellas e aloxamento no Hotel Sercotel Porta Barcelona

Sábado 6 de setembro
12:00: RCD Espanyol - Deportivo ABANCA, na CE Dani Jarque
Ao concluír, comida no hotel
20:50: Saída do voo do Aeroporto de Barcelona - Josep Tarradellas con destino ao Aeroporto de Asturias
22:25: Chegada a Asturias e traslado a Abegondo