RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor Abanca visita o domingo 26 ao CD Femiastur sen Tere Abelleira

O Deportivo Abanca rebaixa esta semana o número de adestramentos para afrontar con menos carga de traballo a visita ao CD Femiastur, o domingo 26 de marzo (12:00 horas) no campo de La Toba de Avilés. Será baixa segura Tere Abelleira, que hoxe luns se incorpora á concentración da Selección Española Sub-17 para preparar o Torneo Elite do Campionato de Europa da categoría.

Manu Sánchez, técnico deportivista, dispuxo tres adestramentos, con esta planificación:

Martes 21 de marzo
20:30: Adestramento en Arteixo

Xoves 23 de marzo
20:30: Adestramento en Abegondo

Venres 24 de marzo
19:00: Adestramento en Abegondo

O Deportivo Abanca é segundo na clasificación do Grupo 1º de Segunda División Nacional con 53 puntos, a 5 puntos de distancia do líder, o Oviedo Moderno.