RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Paula Monteagudo cre que o Dépor ABANCA chega á liga con "sensacións bastante boas na pretemporada"

Paula Monteagudo manifestou ao concluír o Trofeo Emma Cuervo ante CA Osasuna que "é importante tamén saber o que nos falta. O CA Osasuna é un equipo moi intenso, que foi forte aos duelos. Son cousas que temos que ir puíndo, seguir traballando e agora no comezo de liga, a por todas".

A canteirá admitiu que ante as navarras "custounos ao principio coller o ritmo" e lamentouse do tiro ao traveseiro de Henar con 0-0 no marcador que puido cambiar o rumbo do partido.

Paula Monteagudo cre que o Dépor ABANCA chega ao comezo de liga do próximo sábado 30 de agosto ás 18:00 ante o FC Badalona Women após "sensacións bastante boas na pretemporada. Agora a tentar no primeiro partido de liga comezar cun máis 3 e aos poucos, partido a partido, ir sumando".