RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor adestrouse esta mañá arroupado por uns 200 afeccionados no campo principal de Abegondo

A pesar da persistente choiva, o Dépor adestrouse esta mañá no campo principal de Abegondo ante uns 200 afeccionados, na súa maioría nenos e nenas, nunha xornada de portas abertas aproveitando a festividade de Venres Santo.

Óscar Gilsanz dispuxo unha activación con rondos e unha tarefa de finalizacións que fixo as delicias de #ANOSAFORZA.

Futbolistas como Barbero, Mario Soriano ou Bouldini foron algúns dos aclamados polos máis novos, que corearon os goles e os 'non goles' case coma se dun partido oficial en ABANCA-RIAZOR se tratase.

Adestráronse á marxe do grupo Gauto, Dani Barcia e Petxarromán, con Ximo Navarro con repouso deportivo.

Mardones e a meta xuvenil Álex foron esta mañá os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Finalizado o traballo, os futbolistas achegáronse á banda para asinar autógrafos e fotografarse cos afeccionados que desafiaron o temporal.

Mañá sábado 19 de abril Os Nosos realizarán en Abegondo a partir das 11:00 o último ensaio previo ao encontro ante o CD Tenerife previsto para este domingo 20 de abril ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion).