RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor arrinca a semana de traballo previa a un partido en Tajonar "moi complicado, como todos nesta categoría"

O Dépor comezou esta mañá en Abegondo a preparar o partido deste domingo 25 de febreiro ás 20:00 en Tajonar (FEF TV) ante o Osasuna B, correspondente á 25ª xornada en Primera Federación.

Lucas Pérez, en rolda de prensa, advertiu esta mesma mañá que o filial osasunista "váinolo a pór moi complicado, como todos os partidos desde que eu cheguei a esta categoría. Non coñezo ningún partido que fóra fácil, por moito que o día da SD Logroñés ou os últimos partidos metésemos moitos goles".

Imanol Idiakez dispuxo neste primeiro adestramento unha activación, un roldo de presión, un exercicio de posición en espazo intermedio e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

O dianteiro coruñés achaca ao "traballo, ao esforzo que nós facemos" os últimos resultados favorables. "Algo de mérito teremos. Como tamén tiñamos mérito de que non nos saían as cousas na primeira volta agora témolo, estamos ben e queremos aproveitalo", subliñou.

Con Mella concentrado coa selección española sub-19, estiveron hoxe con adestramento personalizado Balenziaga e Pablo Martínez.

Así mesmo, Rubén e Martín Ochoa foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Cos canteiráns Lucas explica que "o que fago é no día a día ver como están eles, como se atopan e algunha dúbida que podamos ter ou no terreo de xogo cando podamos atopar algunha dificultade ou lle custa se cadra algunha acción. Iso fágoo con 'pequeno' (Yeremay), con Mella, con Barcia, con todos os mozos. O que fago é tentar axudalos. Eles teñen que ver que estou aquí para iso".

Mañá xoves, Os Nosos adestraranse a partir das 11:00 horas en Abegondo, con almorzo previo a partir das 8:45.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK