RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor arrinca a terceira semana de pretemporada con "todos na mesma dirección"

O Dépor arrincou a terceira semana de pretemporada cunha primeira sesión matinal este luns 21 de xullo.

Ademais as condicións metereolóxicas axudan ao traballo: ceo nubrado e con temperatura de 20 graos.

Após pasar pola sala de vídeo, Antonio Hidalgo dispuxo após unha activación con rondos un xogo de posición e fútbol en espazo reducido.

Luismi Cruz, con motivo da súa presentación, asegura que o técnico "ten as cousas moi claras. Todos temos que ir na mesma dirección dependendo do sistema de xogo que el implante no equipo. Por agora todos estamos a ir na mesma dirección".

Subliñou que o obxectivo de Os Nosos este verán é "traballar para chegar ao primeiro partido de liga nas mellores condicións posibles".

Jose Ángel e Arnau Comas fan unha parte co grupo e outra co readaptador.

Esta tarde, o Dépor adestrarase de novo a partir das 17:00 horas.