Deportivo e Real Racing Club protagonizaron este domingo 25 de xaneiro en ABANCA-RIAZOR uno dos clásicos do norte na zona alta de LaLiga Hypermotion.
O choque caeu ao lado visitante por 0-1 grazas a un gol de Canales na segunda metade.
Antonio Hidalgo afirmou que o seu equipo completou un partido "o suficientemente bo para, como mínimo, sumar".
Nesta liña, o técnico deportivista cre que o encontro "foi bastante igualado".
Con este resultado, Os Nosos quedan con 37 puntos na 5ª posición.
Arnau Comas perdeuse o encontro por ter que cumprir un partido de sanción por acumulación de amoestacións mentres que Noé foi o único representante de #ANOSACANTEIRA.
Antonio Hidalgo apostou polo mesmo once que venceu en Almería cos únicos cambios de Lucas Noubi polo citado Arnau Comas e de Villares por Stoichkov.
Noé foi o representante de #ANOSACANTEIRA.
O partido arrincou de maneira frenética, con chegadas continuas ás dúas porterías iso si, sen apenas intervencións de Ferllo e Ezkieta baixo os paus.
O primeiro disparo con intención foi de Jose Ángel aos 26 minutos desde a frontal da área. O balón, raso, márchase pegado ao pau dereito da portería do Real Racing Club.
Ambos os equipos repartíanse o dominio aínda que sen apenas oportunidades.
Os racinguistas achegáronse con saques de esquina e os deportivistas, en transicións.
Así se chegou ao descanso, con moito equilibrio.
Após o paso polos vestiarios, Quagliata, de lonxe, obrigou a Ezkieta a despexar con apuros.
Antonio Hidalgo releva a Luismi por Mella na banda dereita.
O Racing púxose por diante nun saque de esquina lanzado en curto que resolveu Canales recibindo na frontal e batendo por baixo a Álvaro Ferllo no primeiro pau. Corría o minuto 62.
O porteiro deportivista explicou na zona mixta que "é unha xogada na que temos marxe de mellora porque nos sacan en curto e quizais reaccionamos un pouquiño tarde. E logo temos mala sorte porque o balón pasa entre as pernas dun compañeiro, que creo que é Zaka. Logo Altimira, que está detrás, non saca o pé porque pensa que o balón vai rebotar nas pernas de Zaka. E eu cando vexo o balón téñoo á miña dereita. Tento reaccionar, estírome todo o posible. É un infortunio. Estes partidos márcanse por pequenos detalles. Ese chisco de sorte tivérona eles, non nós".
Tocaba remar contracorriente. "Despois do gol desaxustamónos algo", admitiu Antonio Hidalgo.
Mulattieri e Stoichkov relevaron a Eddahchouri e Villares buscando unha marcha máis en ataque.
Canales repetiu sorte no minuto 74 pero esta vez o seu chute foise fóra por pouco.
No outro área, Stoichkov remata lixeiramente desviado ante Ezkieta nun man a man. Segunda clara ocasión branquiazul.
O Racing replegó liñas e optou polas contras para matar o partido.
Patiño tivo o empate no desconto pero o seu remate, algo escorado, estrelouse no lateral da rede cando a bancada cantaba o gol.
"Tivemos as ocasións máis claras, a de Patiño, Stoichkov, Giaco, a de Mula que pita fóra de xogo que non era. Tentámolo de todas as maneiras", afirmou o preparador deportivista, que se marchou de ABANCA-RIAZOR cun sabor "moi amargo".
Deportivo: Álvaro Ferllo, Alti (Escudero, min. 76), Noubi, Loureiro, Quagliata (Patiño, min. 76), Villares (Stoichkov, min. 68), Jose Ángel, Mario Soriano, Luismi (Mella, min. 60), Yeremay e Eddahchouri (Mulattieri, min. 68)
Real Racing Club: Ezkieta, Mantilla (Sangalli, min. 60), Vicente, Andrés (Suleiman, min. 75), Facu, Canales, Puerta, Pablo Ramón, Damián (Maguette, min. 75), Manex Lozano (Guliashvili, min. 60) e Salinas
Árbitro: Carlos Muñiz, do comité aragonés. Amoestou a Mantilla (min. 45), Eddahchouri (min. 59), Damián (min. 70), Stoichkov (min. 72), Patiño (min. 82), Puerta (min. 90) e Sangalli (min. 90). Expulsou a Mantilla con vermella directa concluído xa o encontro.
Gol: 0-1 Canales (min. 62)
Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 24.401 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas dos accidentes de tren en Andalucía e Catalunya.
