RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor, consciente que "queda moita temporada", inicia este martes os adestramentos para recibir á UD Almería en ABANCA-RIAZOR

O Dépor, este luns con xornada de descanso, inicia o martes 30 de setembro os adestramentos de cara á visita da UD Almería a ABANCA-RIAZOR, prevista para este sábado 4 de outubro ás 16:15. 

Os resultados da última xornada, co empate en Ipurúa, deixaron a Os Nosos á fronte da táboa con 15 puntos, os mesmos que o Cádiz CF.

Na rolda de prensa pospartido do pasado sábado en Eibar, Antonio Hidalgo insistiu en que "hai que saber sufrir na vida" e Stoichkov lembra que "queda moitísimo. Queda moita temporada".

O corpo técnico disporá de 4 sesións de traballo matinais, con esta planificación:

Martes 30 de setembro
10:30 h.

Mércores 1 de outubro
10:30 h.

Xoves 2 de outubro
10:30 h.

Venres 3 de outubro
10:30 h.

Sábado 4 de outubro
16:15: Deportivo - UD Almería, en ABANCA-RIAZOR