RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor pasa páxina e pensa na liga, "con moito traballo por diante para seguir tendo un bo rendemento en canto a puntos"

O Dépor pasa páxina e, segundo comentou Óscar Gilsanz onte aos medios de comunicación, desde esta mañá na sesión matinal de traballo pensa xa na liga, ante o Real Zaragoza este sábado 7 de decembro ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga TV Hypermotion, M+ e Fútbol 2), "con moito traballo por diante para seguir tendo un bo rendemento en canto a puntos".

Precisamente Pablo Martínez cualifica de "moi importante" o choque ante os maños: "Estamos enfocados neste partido". Da mesma opinión é Petxarromán: "A pensar na liga que o sábado hai un partido importante".

Os titulares onte no Couto tiveron unha xornada de recuperación física, con menos carga de traballo. Así, só realizaron no céspede a activación cos rondos e pasaron a continuación ao ximnasio e á sala de fisioterapia.

Para os que non saíron de inicio en Copa houbo ademais un exercicio de posición e fútbol reducido, de alta intensidade.

Dani Barcia e Bouldini están con traballo personalizado; mentres que Kevin e Aarón, ademais de Álex Alfaro, foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Mañá venres 6 de decembro Os Nosos adestraranse de novo en Abegondo a partir das 11:00 horas, na última sesión de traballo previa ao encontro ante o Real Zaragoza.