RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor pon desde mañá mércores o foco na visita ao FC Barcelona Atlètic do domingo ás 17:00

O Dépor, hoxe martes con xornada de descanso, pon desde mañá mércores 29 de novembro o foco na visita ao FC Barcelona Atlètic prevista para o domingo 3 de decembro ás 17:00 no Estadi Johan Cruyff (FEF TV), en partido correspondente á 15ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Os resultados da última xornada deixaron a Os Nosos en 11ª posición da táboa con 19 puntos.

Imanol Idiakez dispuxo até o sábado de 4 sesións de traballo matinais, con almorzo previo para o cadro xa na instalación; e comida mañá mércores e o xoves.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas é a seguinte:

Mércores 29 de novembro
11:00 h., Abegondo

Xoves 30 de novembro
11:00 h., Abegondo

Venres 1 de decembro
11:00 h., Abegondo

Sábado 2 de decembro
11:00 h., Abegondo ou ABANCA-RIAZOR

Domingo 3 de decembro
17:00: FC Barcelona Atlètic - Deportivo, no Estadi Johan Cruyff

 

/* Bot imbee */