RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor prepara desde este mércores a visita do AD Ceuta FC no liderado, algo "anecdótico agora mesmo"

O Dépor, este martes 18 de novembro con traballo complementario para o cadro, prepara desde este mércores 19 de novembro a seguinte cita ligueira, a visita do AD Ceuta FC a ABANCA-RIAZOR prevista para o domingo 23 de novembro a partir das 14:00 (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR.

Os resultados da última xornada, co triunfo no Bahrein Victorious Nuevo  Arcángel, deixaron a Os Nosos á fronte da Liga Hypermotion con 26 puntos, os mesmos que o Real Racing Club (2º) e a UD Las Palmas (3º).

"É anécdótico agora mesmo", resolveu Germán Parreño esta circunstancia na zona mixta de Córdoba.

O porteiro deportivista asegura estar máis contento "polo traballo, polo despregamento de todos os xogadores. Un resultado así, ante un equipo díficil e nun sitio complicado reforza o traballo que vimos facendo".

Antonio Hidalgo disporá de 4 sesións matinais nos campos 2 e 3 do Dépor Training Center segundo esta planificación:

Mércores 19 de novembro
10:30 h.

Xoves 20 de novembro
10:30 h.

Venres 21 de novembro
10:30 h.

Sábado 22 de novembro
10:30 h.

Domingo 23 de novembro
14:00: Deportivo - AD Ceuta FC, en ABANCA-RIAZOR