RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor reafirma a súa aposta por Abegondo coa renovación de Yeremay

Yeremay Hernández Cubas (Las Palmas de Gran Canaria, 10 de decembro de 2002) renovou o seu contrato co RC Deportivo até xuño de 2026, aínda que se o Dépor ben esta temporada ou ben a seguinte ascende a Segunda División prolongaría o contrato unha temporada máis, até xuño de 2027.

"Para min é un orgullo enorme seguir defendendo esta camiseta con tanta historia", comenta Yeremay, quen presume de que "o Dépor é a miña casa, onde me formei como futbolista e como persoa".

O atacante deportivista lucirá o dorsal número 10 nesta nova campaña en Primera Federación.

Yeremay únese así ao xuvenil David Mella, que acaba de prolongar o seu contrato até xuño de 2026, nunha aposta decidida do Club polo talento xurdido de Abegondo.

O futbolista canario chegou á Coruña na temporada 2017-18, ao equipo cadete de División de Honra; e aí arrincou a súa progresión como futbolista.

En #ANOSACANTEIRA foi campión de España co Xuvenil A (temporada 2020-21) e un dos destacados na histórica participación do Club na Youth League (2021-22), na que anotou 1 gol.

O seu debut oficial no primeiro equipo chegou o 1 de decembro de 2021 en partido correspondente á primeira eliminatoria de Copa do Rey ante o UCAM Murcia, no que ademais marcou 1 gol.

Esa temporada (2021-22), xa en dinámica do Deportivo, xogou 8 partidos.

A campaña pasada (2022-23), aínda con licenza do filial, a súa participación aumentou xa aos 21 partidos de liga e 1 de Copa. Foi titular en 3 deles e marcou 2 dianas.