RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor retoma os adestramentos co obxectivo de "competir ao máximo" a base de "un traballo excepcional" no Dépor Training Center

O Deportivo retomou os adestramentos este mércores 28 de xaneiro no Dépor Training Center cun obxectivo que sinalou Sergio Escudero na sala de prensa: "Viuse desde o nadal un equipo que volveu a competir ao máximo. Os pequenos detalles nesta categoría son o que marcan a diferenza".

A xornada, fría e chuviosa por un novo temporal que azouta Galicia, arrincou na sala de vídeo.

Xa no campo 3, despois dunha activación dirixida polos preparadores físicos Roberto Cabellud e Sergio Roca, os futbolistas pasaron a unha roda de pases con remates a portería.

Escudero subliña que "estamos a ter bastantes ocasiones pero non as estamos materializando. Entón hai que seguir dando confianza a todos eses xogadores, sobre todo a xente de ataque que son os que sofren máis por iso".

Sostén que os capitáns "estamos para transmitir tranquilidade. Son xeiras e sen dubidar, porque vemos traballar no día a día ao equipo e vese un traballo excepcional". 

Cun exercicio táctico xa orientado ao encontro deste sábado 31 de xaneiro ás 18:30 (LaLiga TV, TVG, GOL, TEN e Cayo TV) no Estadio Reino de León ante a Cultural Leonesa e partidos en espazo reducido concluíu o traballo sobre o céspede.

Noé e Bil foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Este xoves 29 de xaneiro, Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30.