RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor ultima detalles para o debut ligueiro en ABANCA-RIAZOR e "darlles moitas máis alegrías a ANOSAFORZA"

O Dépor ultimou os detalles esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo de cara ao debut ligueiro deste domingo 24 de agosto ás 17:00 (Dazn e LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR ante o Burgos CF.

Após unha activación con xogos, Antonio Hidalgo dispuxo un partido e un ensaio de accións a balón parado no campo 2, e unha tarefa de finalizacións no 3.

En rolda de prensa hoxe venres, o técnico deportivista asegura que "os partidos os preparamos de maneira igual fóra que dentro pero seguro que sabe moitísimo mellor ofrecer as vitorias en ABANCA-RIAZOR".

Espera o preparador branquiazul este ano "darlles moitas máis alegrías a #ANOSAFORZA".

José Ángel está con adestramento personalizado.

Preguntado polo mediocentro andaluz, Antonio Hidalgo explica que "ten unha lesión que lle obrigará a estar varias semanas fóra dos terreos de xogo. Esperaremos á súa evolución pero a súa volta non está próxima aínda".

Este sábado 23 de agosto Os Nosos adestraranse de novo a partir das 10:30 en Abegondo.