RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor volve estrelarse contra todo en ABANCA-RIAZOR (0-0)

O Deportivo volveu empatar sen goles por segunda vez en dous partidos en ABANCA-RIAZOR, ante un CD Teruel ao que superou desde o primeiro minuto ao último a pesar de xogar a última hora de partido cun xogador menos pola rigorosa expulsión de Lucas, que non puido celebrar de peor maneira o seu 35º aniversario.

O técnico deportivista, Imanol Idiakez, seguiu apostando por un once similar ao das dúas primeiras xornadas. O Dépor só presentou dúas novidades: a entrada de Mella en lugar do lesionado Yeremay, e a de Hugo Rama en lugar de Barbero, que fixo de Lucas actuase de inicio como home máis adiantado en lugar de como mediapunta.

O Dépor foi dominador único desde o asubío inicial, aínda que tampouco foi capaz de xerar moitas ocasións claras de gol no primeiro cuarto de encontro. No minuto 3, un centro desde a dereita de Davo non chegou Mella a rematalo por pouco ao bordo da área pequena. No minuto 8, Pablo Martínez cabeceou alto un saque de esquina de Lucas. Ao cuarto de hora, Taliby Konate saíu a pés de Lucas para frear un pase en profundidade de Hugo Rama.

Ao pouco de superar a media hora de xogo produciuse unha acción determinante, cando Lucas viu a vermella directa por propinar unha pequena patada a un defensa rival que lle había embestido por detrás cando iniciaba un desmarque. Davo pasou a xogar en punta con Hugo Rama á esquerda e Mella, que empezou na esquerda, na dereita.

A pesar de quedar cun xogador menos, o Dépor seguiu dominando e achegándose ao gol. Só dous minutos despois da expulsión, un dereitazo de Villares desde a frontal desviouno a córner o porteiro hispano-guineano. No tempo engadido, Pablo Vázquez recupero a pelota en tres cuartos, cun recorte desfíxose de dous rivais na frontal e xa desde dentro da área soltou un dereitazo raso ao primeiro pau que o porteiro turolense atrapou en dous tempos.

A segunda metade, máis do mesmo. Non transcorreran nin 60 segundos cando Davo internouse polo extremo dereito e serviu o balón cara atrás para Mella, cuxa volea, obstaculizada por un defensa, foise desviada.

No minuto 51, o colexiado, a instancias do seu asistente, anulou un gol a Davo por fóra de xogo após un pase interior de Diego Villares. O dianteiro asturiano atopábase en posición ilegal por escasos centímetros.

O único disparo con certo perigo do CD Teruel en todo o partido foi obra de Borja Martínez. E chegou desde uns 35 metros, após sacar en curto unha falta en campo deportivista. O duro zurdazo foise por pouco á dereita da portería coruñesa, aínda que Germán tiña controlada a situación.

Pablo Vázquez cabeceou alto un córner lanzado por Hugo Rama no minuto 62 e uns poucos segundos despois, Mella caracoleou polo extremo dereito e disparou raso coa esquerda, buscando o pau máis afastado, pero o balón perdeuse á dereita da portería visitante.

As ocasións tamén se produciron a balón parado, froito dos numerosos saques de esquina que forzou o Dépor. Jose Ángel cabeceou alto un de llos lanzado por Davo, no minuto 67. No 76, o mesmo Jose Ángel bateu desde a frontal e a pelota amorteceuna un defensa lanzándose ao chan. Taliby Konate atrapou o esférico. E no 79, o pivote sevillano repetiu cun zurdazo desde 25 metros moi por riba do traveseiro.

O Dépor tentouno sen descanso. No minuto 82, un dereitazo de Davo que rozou nun defensa foise a córner lamiendo o pau esquerdo da portería visitante. No tempo engadido, un canonazo de falta directa lateral de Cayarga despexouno Taliby de puños a córner.

Con este empate, o Dépor suma 5 puntos en 3 partidos, nos que acadou 1 vitoria e 2 empates e aínda non encaixou un gol, sendo o único dos 40 equipos da categoría que mantén a súa portería a cero.

RC Deportivo: Germán, Ximo Navarro (Paris Adot, min. 86), Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Balenziaga, Diego Villares, Jose Ángel, Davo (Pablo Muñoz, min. 86), Hugo Rama (Cayarga, min. 71), Mella (Barbero, min. 71) e Lucas.

CD Teruel: Taliby Konate, Víctor Sanchís, Carmona, Arnau Gaixas, Julen, Facu (Buenacasa, min. 53), Tena, Ahn June-hyuk (Aparicio, min. 46), Nacho Castillo (Borja Romero, min. 71), Borja Martínez (Correia, min. 87) e Gabarre.

Árbitro: Jaime Ruiz Álvarez (c. asturiano). Expulsou con vermella directa a Lucas (min. 30). Cartón amarelo a Gabarre (min. 4), Diego Villares (min. 45+5), Jose Ángel (min. 72), Buenacasa (min. 72) e Pablo Martínez (min. 74).

Incidencias: partido da 3ª xornada do grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 22.161 espectadores.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK