RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor, xa "traballando moitísimo" no Dépor Training Center para "seguir nesta liña, que nos vai a ir moi ben"

O Dépor adestrouse esta mañá no campo 2 do Dépor Training Center, tal e como asegurou onte Yeremay na zona mixta de ABANCA-RIAZOR, "traballando moitísimo".

O canteirán explicou que "o míster nos pide que esteamos xuntos e que traballemos. Estamos na liña perfecta. Temos que seguir nesta liña porque nos vai a ir moi ben".

Após unha activación, o corpo técnico dividiu ao cadro en dous grupos.

Os titulares ante a UD Almería en ABANCA-RIAZOR pasaron a tarefas de recuperación; mentres que para o resto, a sesión continuou cun xogo de posición e fútbol reducido.

Daniel Bachmann está á espera de avaliación médica das molestias no xeonllo sufridas no adestramento do pasado venres. O seu compañeiro Germán Parreño apuntou ante os medios que foi "algo fortuíto. Estábanselle facendo probas. Sairá estes días o informe médico. Espero que sexa pouco e que se recupere pronto".

Asimisimo, Escudero incorporouse ao traballo mentres que David Mella segue concentrado coa selección española sub-20 en Chile confirmada a súa clasificación para oitavos de final.

Quique Teijo, Samu, Dipanda, Mane e Hugo Ríos foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Este luns hai xornada de descanso. Os Nosos regresan aos adestramentos o martes 7 de outubro ás 10:30 en Abegondo.