RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor xogará ante o Burgos CF coa camiseta de Galicia en solidariedade pola catástrofe dos incendios

O Deportivo xogará o seu partido ante o Burgos CF deste domingo 24 de agosto ás 17:00 en ABANCA-RIAZOR coa camiseta de Galicia (terceiro equipamento), en lugar do tradicional branquiazul, en solidariedade pola catástrofe dos incendios que arrasaron Galicia e varias rexións de España.

Ademais, os futbolistas lucirán un brazalete negro en recordo ás vítimas desta traxedia ambiental, humana e económica.

Na rolda de prensa oficial ao partido, Antonio Hidalgo comezou a súa intervención ante os medios de comunicación con "unha mensaxe de apoio para os afectados polos incendios. É unha situación moi difícil a que están a soportar. Estamos con eles tanto eu como o Club. Mandámoslles un abrazo enorme, toda a forza do mundo. E tamén a todos os efectivos que están a traballar na extinción. Un abrazo enorme e esperemos que se pase pronto".

O RC Deportivo quere aproveitar para mostrar a súa solidariedade e o seu apoio con todos os afectados e cos que loitan contra os incendios.