RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Deportivo ABANCA B convértese no único equipo capaz de frear ao Valladares

O Deportivo ABANCA B converteuse no único equipo da Primeira Autonómica Feminina capaz de frear ao todopoderoso Valladares (0-0). Até chegar a Ponte dos Brozos, o equipo vigués sumou todos os seus partidos, 16 en total, por triunfos. Con todo, o filial deportivista, nun gran partido, rabuñou un valiosísimo empate en Arteixo polo que supón no estado anímico para o que resta de competición.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B é terceiro na táboa con 39 puntos, a 2 puntos do segundo clasificado, o Atlético Arousana.

Deportivo ABANCA B: Miralles, Antía, Patri, Alba Pérez, Lara, Ainhoa, Alba Suárez, Sara Piñeiro, Carlota, Michelle e Vero. Tamén xogaron: Noe, Ari, Carmen e Lidia.

A vindeira fin de semana, o Deportivo ABANCA B ten unha complicada saída a Sanxenxo, para medirse ao Viajes InterRías FF.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Alba Suárez e Vero) - Orzán 0
Valladares 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías 0
Umia 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Vero, Sara Iglesias, Lidia e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3-, Ari e Alba Suárez) - EFM Concello de Boiro 1
Torre 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez, Alba Martínez, Michelle e Sara Iglesias)
Deportivo ABANCA B 3 (Alba Suárez, Alba Martínez e Lidia) - Victoria FC B 2
Atlético Arousana 5 - Deportivo ABANCA B 3 (Vero, Lidia e Ari)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3- e Alba Suárez -2-) - Victoria CF B 0
SD Val 0 - Deportivo ABANCA B 0
UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Michelle e Mar)
Deportivo ABANCA B 5 (Alba Suárez -2-, Alba Pérez, Ainhoa e Michelle) - Sárdoma B 3
Tordoia 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Alba Pérez, Sara Iglesias e Vero)
Deportivo ABANCA B 6 (Patri -3-, Vero -2- e Michelle) - SCD Milagrosa 2
UD Ourense 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Michelle, Lidia e Vero)
Orzán 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Sara Piñeiro, Vero e Antía)
Deportivo ABANCA B 0 - Valladares 0