RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril golea ao CD Laredo nunha gran segunda parte e volve a posición de play off de ascenso a falta dun partido

O Fabril goleou este mediodía (1-5) no campo de San Lorenzo ao CD Laredo na penúltima xornada en Segunda Federación.

Con este resultado, o filial deportivista, a falta dunha xornada, regresa a posicións de play off favorecido polas derrotas do UP Langreo (3-1) en Salamanca e do Rayo Cantabria (1-0) ante o Coruxo FC en O Vao.

Por conseguinte, os branquiazuis suman 51 puntos por 49 dos asturianos e 48 dos cántabros.

Manuel Pablo puido contar en Laredo con Mardones, que se adestrou estes últimos días co primeiro equipo. O ferrolán foi titular no lateral dereito.

O encontro arrincou sen ocasións claras aínda que cun CD Laredo con presión alta. Os cántabros querían despedirse da súa afección esta temporada cun triunfo.

Mane protagonizou o primeiro disparo a porta do filial, ao que respondeu con acerto o gardameta David Puras.

Pasada a media hora, Guerrero plantouse ante David Puras pero o seu remate con colleu portería na mellor ocasión do Fabril nuns primeiros 45 minutos igualados.

Após o descanso, o equipo fabrilista foi un ciclón.

Manuel Pablo dá entrada a Manu Ferreiro e Kevin Sánchez aos 55 minutos nunha clara mensaxe ao seu equipo que había que ir a por o partido.

E en 13 minutos, do 57 ao 70, o partido quedou visto para sentenza con dobrete de Mane, e cos goles de Bil e Alfaro.

O CD Laredo recortou diferenzas no minuto 76 pero Kevin Sánchez, nos minutos finais, estableceu o 1-5 definitivo que devolve ao Fabril a postos de play off.

O vindeiro domingo 4 de maio ás 12:00, o Fabril conclúe a liga en Abegondo ante a RS Gimnástica de Torrelavega.

CD Laredo: David Puras, Íker Torre, Carral, Diego Marta, Héctor Tirado, Dani Ojeda (Miguel Peña, min. 69), Álex Alonso, Arru, Arriola (Iván Argos, min. 62), Antonio Pol (Oliver, min. 62) e David Sanz (Sanmi, min. 69)

Fabril: Alberto, Mardones, Damián Canedo, Marotías, Íker Vidal, Alfaro (Darío Germil, min. 72), Kike Fernández, Guerrero (Manu Ferreiro, min. 55), Mane (Garrido, min. 72), Luisao (Kevin Sánchez, min. 55) e Bil (Fabi, min. 69)

Árbitro: Daniel López Montalbán, pertencente ao comité madrileño. Amoestou a Arriola (min. 9), Mane (min. 34), Héctor Tirado (min. 43), Diego Marta (min. 83) e Álex Alonso (min. 85)

Goles: 0-1 Mane (min. 57), 0-2 Mane (min. 60); 0-3 Bil ( min. 67); 0-4 Alfaro (min. 70); 1-4 Arru (min. 76); 1-5 Kevin (min. 88)

Incidencias: partido correspondente á 33ª xornada en Segunda Federación disputado no campo de San Lorenzo