RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril mantense á fronte da táboa ao superar ao Coruxo FC cun gol de Pablo Cortés no desconto

O Fabril arrincou a segunda volta en Segunda Federación como acabou a primeira, cun triunfo, esta vez por 2-1 ante o Coruxo FC no campo Arsenio Iglesias este sábado 10 de xaneiro.

Decidiu o encontro un tanto de Pablo Cortés no desconto.

Con este resultado, o filial suma 37 puntos, instalado á fronte da clasificación.

Foron baixa por lesión para o encontro Damián Canedo; e por viaxar co primeiro equipo ás Palmas Samu e Bil.

Por contra, Manuel Pablo recuperou a Vilela, sancionado a pasada fin de semana en Valladolid.

Pola súa banda, o Coruxo FC chegaba ao choque en 6ª posición con 28 puntos.

No partido da primeira volta disputado o 14 de setembro en O Vao venceu o filial deportivista por 0-2 con goles de Nájera e Fabi. 

O Fabril monopolizou a pelota nos instantes iniciais aínda que foi o Coruxo FC o que se adiantou no marcador. Ganda recolleu un rexeite de Hugo Ríos a tiro de Javi González e logra o primeiro.

Respondeu pronto o Fabril.

Aos 19 minutos, Nájera cabecea á rede un centro desde a dereita de Fabi.

O partido volvía á casa de saída.

Ambos os equipos repartíanse as ocasións: Ganda para os vigueses, Domínguez para os coruñeses.

A recta final do primeiro tempo deixou o cambio obrigado de Fabi, que, problemas físicos, deixou o seu lugar a Pablo Cortés, ao cabo definitivo no devir do partido.

Após o paso polos vestiarios, o filial tivo máis dificultades para pór en perigo a portería do Coruxo FC.

Os visitantes deron aínda un paso atrás coa expulsión por vermella directa de Roque, por unha dura entrada.

Esta acción deu paso a un asedio fabrilista en busca do gol da vitoria, que chegou no desconto.

Nunha vertixinosa acción de ataque o balón acaba en Pablo Cortés, que, escorado á dereita e segundo víñalle a pelota, coa o balón no recanto dereito da portería do Coruxo FC.

A alegría desatouse entre xogadores, técnicos e afeccionados no Arsenio Iglesias. Unha semana máis, o Fabril seguirá á fronte da táboa porque xa non houbo tempo para máis.

O vindeiro domingo 18 de xaneiro ás 17:00, o conxunto de Manuel Pablo visita ao UP Langreo no Novo Ganzábal.

Fabril: Hugo Ríos, Pablo García, Quique Teijo, Aarón, Hugo Torres (Manu Ferreiro, min. 46), Dani Estévez (Enrique Fernández, min. 75), Noé (Garrido, min. 82), Mane, Fabi (Pablo Cortés, min. 40), Nájera (Héctor Areosa, min. 82) e Domínguez

Coruxo FC: Ruiz Díaz, Roque, Borja, Ganda (Santos, min. 76), Sola (Xavi Cidre, min. 82), Javi González (Hugo Losada min. 76), Nacho Fariña (Hugo Rodri, min. 58), Juan Rodríguez, Naveira (Rai, min. 82), Alonso e Guille Pinín

Árbitro: Borja Cardoso Rodríguez, do comité galego. Amoestou a Nacho Fariña (min. 41), Manu Ferreiro (min. 69), Naveira (min. 69), Borja (min. 70), Pablo Cortés (min. 91) e Ruiz Díaz (min. 90). Expulsou con vermella directa a Roque (min. 80)

Goles: 0-1 Ganda (min. 13); 1-1 Nájera (min. 19); 2-1 Pablo Cortés (min. 90+1)

Incidencias: partido disputado no campo Arsenio Iglesias