RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril pechou a pretemporada cunha derrota ante o Compos no Memorial Antonio Bermúdez

O Fabril pechou a súa pretemporada con derrota (3-0) ante a SD Compostela no Estadio Vero Boquete San Lázaro con motivo da VIII edición do Memorial Antonio Bermúdez.

Foi o segundo amigable do filial esta semana após a vitoria o pasado xoves na Lomba ante o Arosa SC (0-1) cun gol de Darío Germil.

Así pois, Óscar Gilsanz viuse obrigado a repartir minutos de xogo entre os seus futbolistas a poucos días de arrincar a competición oficial.

O choque caracterizouse por unha saída fulgurante dos santiagueses, que se puxeron por diante no marcador con 2 goles nos primeiros 13 minutos de partido. Demasiada costa arriba xa para o Fabril.

Após o descanso os locais aumentaron a súa renda cun terceiro tanto ao que non puideron reaccionar os fabrilistas.

Fabril: Alberto, Mardones (Kike Teijo, min. 80), Vilela (Alfaro, min. 80), Fadil (Guerrero, min. 80), Íker Vidal (Jaime Garrido, min. 80), Carreira (Damián, min. 80), Noé (Aarón, min. 80), Hugo Villaverde (Domínguez, min. 60), Ovidio (Álex Delgado, min. 60), Dylan (Darío, min. 80) e Bil (Marotías, min. 80).

O Fabril pecha a súa pretemporada con 7 vitorias e 3 derrotas; e un balance de 14 goles a favor e 7 en contra.

Noé e Guerrero, con 2 tantos cada un, foron os máximos goleadores nun equipo no que tamén viron porta Jaime Garrido, Rubén Fernández, Domínguez, Luisao, Dylan, Dani Estévez, Nájera (cedido ao UD Logroñés), Kevin Sánchez e Darío Germil.

Chega a hora da verdade, a competición ligueira no grupo 1º de Segunda Federación o sábado 31 de agosto ás 18:00 horas en Abegondo ante o Real Ávila CF.

Os resultados do Fabril nesta pretemporada foron os seguintes:

Fabril 1 (Jaime Garrido) - Silva SD 0
Memorial Lisardo Campos: Atlético Arteixo 0 - Fabril 3 (Noé, Rubén Fernández e Domínguez)
CD Lugo 3 - Fabril 0
Fabril 1 (Luisao) - Bergantiños CF 0
Fabril 4 (Guerrero -2-, Dani Estévez e Dylan) - CD Estradense 0
Racing Villalbés 0 - Fabril 3 (Javi, Noé e Nájera)
Trofeo San Roque: Betanzos CF 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Kevin Sánchez) - CD Arenteiro 0
Arosa SC 0 - Fabril 1 (Darío Germil)
Memorial Antonio Bermúdez: SD Compostela 3 - Fabril 0