O Fabril arrinca a segunda volta en Segunda Federación coa visita do Coruxo FC ao campo Arsenio Iglesias este sábado 10 de xaneiro ás 16:00 (YouTube RC Deportivo).
Os fabrilistas son campións de inverno con 34 puntos, os mesmos que o 2º clasificado, a Gimnástica Segoviana CF.
"Estamos contentos aínda que houbo momentos de non sacar resultados sobre todo en casa, de custarnos algunha vez pero o rendemento en xeral foi positivo", resumiu Manuel Pablo.
O técnico canario pide "seguir nesa dinámica, competir, ser reconocibles, dar boa imaxe. Ás veces chegan os resultados, ás veces non.
É baixa por lesión para o encontro Damián Canedo e Manuel Pablo recupera a Vilela, sancionado a pasada fin de semana.
O vestiario do Fabril levou ademais a alegría de Samu, citado de novo pola selección española sub-19: "Vai competir igual onde sexa, contra o rival que sexa, e vai estar concentrado 100% contra calquera rival. Alégrome por el. Leva 2 ou 3 anos traballando connosco. Sabemos o que nos dá Samu. Non vaiche a fallar. É un premio para ese traballo que leva anos facendo".
Pola súa banda, o Coruxo FC, que a pasada fin de semana goleou en O Vao por 5-1 ao Burgos CF Promesas, é 6º na táboa con 28 puntos.
No partido da primeira volta disputado o 14 de setembro venceu o filial deportivista por 0-2 con goles de Nájera e Fabi.
Javi Pereira, técnico do Coruxo FC, cualificou ao Fabril como "un dos mellores equipos da liga. Imos a casa do líder".
Lembra que na ida "atopámonos superados en determinados momentos, sentiamos peor que eles e agora é un bo momento para saber se conseguimos evolucionar o suficiente como para plantarlles cara".
O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.
Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade.
O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
