RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril reforza o seu centro do campo co internacional senegalés Papa Samsou Niang

O Fabril reforza o seu centro do campo coa fichaxe até xuño de 2027 de Papa Samsou Niang (Thiès, Senegal, 2 de xaneiro de 2006).

Formado no club Keur Madior FC e internacional senegalés, é un centrocampista moi completo tanto na faceta ofensiva como de recuperación de xogo.

Destaca pola súa colocación, visión de xogo e intelixencia táctica, sendo capaz de ler o que require o partido en cada momento.

Papa Samsou ademais é capaz de achegar equilibrio entre defensa e ataque.

Despois de varias semanas traballando no Dépor Training Center baixo a batuta de Manuel Pablo, está xa a disposición do técnico fabrilista de cara á competición.