RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O goleador Dani Barcia sente "orgulloso" e Luismi está "contento polo empuxe de ABANCA-RIAZOR"

Dani Barcia e Luismi Cruz pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O central coruñés, autor do tanto do triunfo, confesou estar "moi contento por meter o meu primeiro gol así, en ABANCA-RIAZOR, no minuto case 90, dándonos os 3 puntos contra un gran equipo que vai arriba".

Sente "orgulloso, e a seguir traballando para conseguir máis goles e máis 3 puntos".

Conta que na xogada que decidiu o partido "non mo pensei. Controlei o balón, virei rápido, todo o que puiden e teño unha boa zurda para pegarlle. Saíu ben".

Dani Barcia lembra que "levo moito traballando por isto. É verdade que son defensa e non é o meu traballo meter goles pero sempre é unha alegría meter. E máis así no 90, dando os 3 puntos e en ABANCA-RIAZOR".

O defensor deportivista advirte que os partidos en ABANCA-RIAZOR "van ser todos da mesma maneira" e pide "esperar ata que nos chegue o momento porque tarde ou cedo, coa calidade que temos arriba, van chegar os goles".

Pola súa banda, Luismi Cruz destaca que "o equipo traballou moi xunto contra un equipo moi sólido que nos puxo as cousas moi difíciles".

Lembrou que deixar a portería a cero "é moi importante e coa calidade que temos arriba sempre imos ter ocasións de facer gol"; e confesou estar "contento polo empuxe de ABANCA-RIAZOR, que creu até os últimos minutos".

Finalmente ao atacante deportivista sábelle "moi ben este resultado porque o Sporting é un equipo moi sólido. Coñezo ao seu adestrador (Asier Garitano), traballa moi ben. ABANCA-RIAZOR creu en todo momento. Tiñamos que darlles estes 3 puntos para que ANOSAFORZA vaia connosco. Cremos até o minuto 90 e así se deu o gol de Barcia".