RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O goleador Rubén fala de noite para o recordo e Villares, de inxección de moral bastante importante

Rubén López e Villares pasáronse pola zona mixta de ABANCA-Balaídos.

"Unha noite para o recordo", así definiu Rubén López o partido de Vigo ante os medios de comunicación. "Non se me vai a esquecer nunca e estou moi contento", subliñou o centrocampista galego.

Sostén que ao marcar o gol, segundo do Dépor ante o Celta Fortuna, "non mo cría. Estaba como vivindo un soño feito realidade. É a recompensa de moito tempo de traballo, moitos anos, sacrificios da miña familia, dos meus amigos. Estou moi contento", reitera.

Rubén lembra que "viñamos de adestrar moi ben. Os resultados non nos acompañaron durante boa parte da liga pero parece que nos brinda recompensas merecidas porque o día a día é moi bo. É o que merecemos, estar aí arriba loitando polo primeiro posto".

Pola súa banda, Diego Villares pensa que o triunfo en ABANCA-Balaídos "merecémosnolo porque este equipo leva moito tempo traballando como cabr...; e #ANOSAFORZA, que nos apoia cada semana".

Do partido, pensa que na primeira parte "faltounos axustar a presión. Saían fácil en moitas ocasións. O míster axudounos bastante no descanso cambiando detalles e na segunda estivemos mellor, máis asentados".

Este triunfo supón, a xuízo do mediocentro lucense, "unha inxección de moral bastante importante. E agora, a seguir pelexando".