RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Orzán SD Cadete Feminino acelera o paso cun claro triunfo ante o Colexio Obradoiro

O Orzán SD Cadete Feminino aumenta o ritmo na Fase polo Título da liga Galega cadete co seu claro triunfo (9-0) sobre o Colexio Obradoiro, en partido correspondente á 5ª xornada.

Ánxela Prado -2-, Valeria Montero -2-, Nadia Longueira -2-, Candela González, Emma Gandoy e Candela Fernández foron as goleadoras dun encontro de clara cor orzanista.

Con este marcador, o equipo de Enrique M. Solla lidera o subgrupo con 13 puntos, con 1 punto de vantaxe sobre o UD Mos, 2º con 12 puntos.

Orzán SD Cadete Feminino: Paula Bermúdez, Paula Martínez, Daniela Basalo, Candela González, Alexia Freire, Emma Gandoy, Candela Fernández, Mica Baratelli, Sofía Paz, Ánxela Prado e Valeria Montero. Tamén xogaron: Lucía González, Yaiza García, Nadia Longueira e Sara Cercido.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Cadete Feminino visita ao CF Noia.

Os resultados do Orzán SD Cadete Feminino nesta Fase polo Título da liga Galega son os seguintes:

Orzán SD Cadete Feminino 1 (Daniela Basalo) - Victoria CF 1
Lóstrego CF 1 - Orzán SD Cadete Feminino 3 (Laura Santos, Macarena González e Sofía Rodríguez)
Orzán SD Cadete Feminino 7 (Ánxela Prado -3-. Mica Baratelli, Macarena González, Candela González e Sofía Rodríguez) - Viaxes InterRías FF 0
UD Mos 1 - Orzán SD Cadete Feminino 6 (Mica Baratelli, Ánxela Prado, Candela Fernández, Macarena González, Lucía González e Valeria Montero)
Orzán SD Cadete Feminino 9 (Ánxela Prado -2-, Valeria Montero -2-, Nadia Longueira -2-, Candela González, Emma Gandoy e Candela Fernández) - Colexio Obradoiro 0