RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Orzán SD Infantil Feminino, a pesar do olfacto goleador de Marta Moreno, perde o paso en Vilagarcía

O Orzán SD Infantil Feminino perdeu o paso en Vilagarcía ante o Atlético Arousana (7-2), en partido correspondente á 4ª xornada na Fase polo Título Galego.

Este duro resultado deixa ao conxunto orzanista en 5ª posición con 3 puntos, afastado da cabeza da táboa.

A boa noticia é a irrupción anotadora de Marta Moreno (na foto de pé a segunda empezando pola esquerda). Após acabar a primeira fase con 23 tantos na 2ª posición da táboa de goleadoras, en Vilagarcía volveu marcar os 2 goles do seu equipo e suma 4 nesta segunda parte da temporada, todos os que até o momento leva o conxunto dirixido por Diego Sánchez.

Orzán SD Infantil Feminino: Aldara Crespo, Noela García, Camino Figueiras, Valentina Millón, Sarai Martínez, Martina Vázquez, Uxía Fariña, Marta Moreno, Naiara Fontenla, Alma Comesaña e Eva Ouro. Tamén xogaron: Sofía de la Viuda, Rocío Bejarano, Sarai Brenda, Nadia Bernabé e Carolina Lago.

Despois de Semana Santa, 15 ou 16 de abril, o Orzán SD Infantil Feminino recibe ao SCD Pastoriza.

Os resultados do Orzán SD Infantil Feminino nesta Fase Final son os seguintes:

EFF Rosalía 1 - Orzán SD Infantil Feminino 2 (Marta Moreno -2-)
Orzán SD Infantil Feminino 0 - UD Mos 5
Victoria FC 3 - Orzán SD Infantil Feminino 0
Atlético Arousana 7 - Orzán SD Infantil Feminino 2 (Marta Moreno -2-)