RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O partido do Dépor ABANCA ante o FC Levante Badalona, declarado "Día DÉ..." A Nosa Canteira Feminina

DÉPOR · 10 ABRIL 2025

O PARTIDO DO DÉPOR ABANCA ANTE O FC LEVANTE BADALONA, DECLARADO "DÍA DÉ..." A NOSA CANTEIRA FEMININA

O partido do Dépor ABANCA en ABANCA-RIAZOR deste sábado 12 de abril ás 16:30 ante FC Levante Badalona (Dazn) foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." A Nosa Canteira Feminina.Por medio desta proposta, destinaranse prazas do Palco de Honra do Estadio aos traballadores e traballadoras que diariamente coidan das nenas que teñen o soño de defender algún día a camiseta do Dépor ABANCA.En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.