RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O primeiro partido oficial de #ANOSACANTEIRA esta semana será o do Alevín A, mañá xoves en Elviña

O Alevín A abre mañá xoves 5 de marzo o calendario de partidos oficiais desta semana en #ANOSACANTEIRA. O encontro corresponde á xornada da pasada semana, 4ª, do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Para a fin de semana quedan o resto de encontros, con só 2 na Cidade Deportiva: o Xuvenil A o sábado 7 ás 16:30 ante o Real Oviedo; e o Xuvenil B o domingo 8 ás 12:00 fronte ao CVC Valladares.

En Terceira División, a Fabril visita ao UD Somozas o domingo 8 ás 17:00 horas. Os fabrilistas, tralo empate do pasado domingo en ABANCA-RIAZOR ante o Bergantiños CF, buscan os 3 puntos que lles permitan achegarse a posicións de playoff de ascenso a Segunda División B.

O sábado 7, ademais dos alevíns e benxamíns na Torre, o Cadete B mídese na Gándara 2 ao Racing de Ferrol (16:00 horas) e o Infantil B ao Victoria CF B (18:00 horas) no campo coruñés da Leyma.

Teñen parón ligueiro esta fin de semana o Deportivo ABANCA B, Cadete A e Infantil A.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
27ª xornada: UD SOMOZAS - FABRIL, o domingo 8 de marzo ás 17:00 no campo Alcalde Manuel Candocia (As Somozas)
Clasificación: ... 4. CD Barco, 44 puntos; 5. CSD Arzúa, Fabril e CD Choco, 40 puntos; 8. UD Ourense, 37 puntos...

Categoría feminina
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 3. Victoria FC e Oviedo Moderno CF B, 37 puntos; 5. Deportivo ABANCA B, 33 puntos; 6. CD Valladares, 32 puntos; 7. Sporting de Gijón B, 27 puntos...

Categoría xuvenil
25ª xornada: XUVENIL A- REAL OVIEDO, o sábado 7 de marzo ás 16:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: ... 2. Sporting de Gijón, 59 puntos; 3. Xuvenil A, 42 puntos; 4. Real Racing Club, 41 puntos; 5. Bansander, 39 puntos...

24ª xornada: XUVENIL B - CVC VALLADARES, o domingo 8 de marzo ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 61 puntos; 2. Xuvenil B, 49 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 48 puntos; 4. CD Choco, 43 puntos...

Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 70 puntos; 2. RC Celta, 64 puntos...

24ª xornada: RACING DE FERROL B - CADETE B, o sábado 7 de marzo ás 16:00 na Gándara 2 (Ferrol)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B, 58 puntos; 2. SD Compostela, 52 puntos...

Categoría infantil
Clasificación da Fase polo Título Galego: 1. Infantil A e RC Celta, 21 puntos; 3. CD Areosa, 16 puntos...

25ª xornada: VICTORIA CF B - INFANTIL B, o sábado 7 de marzo ás 18:00 no campo da Leyma (A Coruña)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 66 puntos; 2. Ural CF B, 57 puntos...

Categoría alevín
4ª xornada: OZA JUVENIL SD - ALEVÍN A, mañá xoves 5 de marzo ás 20:00 en Elviña (pequeno)
5ª xornada: ALEVÍN A - SDCyR NARÓN O FREIXO, o martes 10 de marzo ás 19:15 en Abegondo
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: 1. Ural CF A e Atlético Coruña Montañeros CF A, 12 puntos; 3. Alevín A (un partido menos), 9 puntos; 4. Galicia Caranza, 7 puntos; 5. CD Lugo A, 6 puntos...

13ª jornada: ALEVÍN A - OUTES FC B, el sábado 7 de marzo a las 12:30 en La Torre (campo 2.1)
Clasificación de la Liga Comarcal: 1. Alevín A, 33 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF A, 29 puntos...

Amistoso, jugado ayer martes (foto superior): ALEVÍN B 3 (Paulo, Íker y Mario Camba) - SELECCIÓN DO BARBANZA 3
12ª jornada: ALEVÍN B - IMPERÁTOR OAR C, el sábado 7 de marzo a las 13:30 en La Torre (campo 2.1)
Clasificación de la Primera C: 1. Alevín B, 33 puntos; 2. Victoria CF C, 27 puntos...

Categoría benjamín
13ª jornada: BENJAMÍN A - VICTORIA CF A, el sábado 7 de marzo a las 12:30 en La Torre (campo 1.1)
Clasificación de la Liga Comarcal: 1. Benjamín A, 36 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz A, 33 puntos...

Amistoso, jugado ayer martes (foto superior): BENJAMÍN B 12 (Thiago -4-, Javi Barral -2-, Yael -2-, Mario -2-, Íker y Mateo) - SELECCIÓN DO BARBANZA 3
12ª jornada: VICTORIA CF B - BENJAMÍN B, el sábado 7 de marzo a las 13:30 en La Torre (campo 1.2)
Clasificación de la Primera C: 1. Benjamín B, 33 puntos; 2. Victoria CF B, 23 puntos...