RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo reforza o SARF coa incorporación do equipo de fisioterapeutas da DéporClínica

O RC Deportivo segue reforzando o Servizo de Atención ao Rendemento do Futbolista (SARF) neste final de ano coa incorporación do equipo de fisioterapeutas da DéporClínica ao cadro do club.

O obxectivo é integrar e reforzar a xestión directa desde o propio club destes profesionais e de toda a estrutura de servizos médicos e de rendemento dos e das futbolistas, dun modo transversal e efectivo. Deste xeito, a DéporClínica pecha as súas portas para que todos estes servizos sexan integrados no SARF.
 
A incorporación ao club do equipo de profesionais que até agora formaban parte da DéporClínica abre unha nova etapa que implica o recoñecemento ao magnífico labor que veñen desempeñando até agora, asegurando unha xestión máis directa do seu traballo.
 
A aposta do RC Deportivo polo reforzo do SARF foi continua nos últimos meses. Así, este servizo desenvolveu dúas áreas que se dividen na parte física e na conductual, incrementando e mellorando os ámbitos de nutrición, preparación física, fisioterapia e podoloxía na primeira e coa incorporación dunha responsable da área conductual na segunda.

/* Bot imbee */