RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O RC Deportivo transfórmase en abrazo, sorriso e esperanza na visita ao Hospital Materno Infantil e ao Hospital QuirónSalud A Coruña

Os xogadores do RC Deportivo e do Dépor ABANCA, da man da RC Deportivo Fundación, cambiaron o céspede polos corredores de dous hospitais coruñeses para repartir ilusión entre quen máis a necesitan.

Este martes 30 de decembro, nun acto xa tradicional cada Nadal, Germán Parreño, Diego Villares e Marta Rico visitaron o Hospital Materno Infantil; e Sergio Escudero, Jose Ángel, Yanis Citoula e Emma Gandoy o Hospital QuirónSalud A Coruña.

Con agasallos, palabras de ánimo e moita proximidade, os nosos futbolistas quixeron acompañar aos nenos e nenas hospitalizados, regalándolles momentos de alegría que van moito máis alá de calquera resultado deportivo. Cada sorriso, cada mirada de sorpresa e cada xesto de complicidade lembraron que o verdadeiro valor do deporte está na súa capacidade para unir e emocionar.

Unha visita cargada de humanidade, na que o RC Deportivo demostrou, unha vez máis, que o seu compromiso coa cidade e coas persoas latexa forte dentro e fóra do campo. 

Porque hai vitorias que non se miden en goles, senón en sorrisos compartidos e na ilusión recuperada.

Desde o RC Deportivo queremos agradecer ao persoal sanitario do Materno Infantil e do Hospital Quirónsalud A Coruña o seu extraordinario labor diario e permitir que, por unhas horas, a maxia do Dépor formase parte da recuperación dos máis pequenos.