RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O vestiario promete autocrítica e conclúe que "temos que dar o 100% para optar a cousas bonitas"

Stoichkov e Germán pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR após o encontro ante o Real Valladolid.

O atacante deportivista admite que a súa primeira titularidade "gustaríame que fose con vitoria. Un punto máis, cada punto é importante nesta categoría pero temos que ser conscientes que con esta intensidade, sobre todo na primeira parte, non podemos competir se queremos facer cousas grandes".

Cre que "hai que falar as cousas, ser autocríticos e saber que o equipo ten que mellorar".

Stoichkov admite que "nos faltou intensidade a todos. Temos que darnos conta que para sumar nesta categoría temos que dar moito máis. Agora estamos a pasar por unha xeira mala que agora parece que os rebotes lle caen a eles... Hai que seguir mellorando de cara aos próximos partidos".

Pola súa banda, Germán Parreño apunta que "na primeira parte custounos meternos, non acabamos de igualalos en intensidade e de ler ben os momentos do partido. Na segunda saímos apertando. Ao quedarnos con 1 máis se encerraron atrás, buscamos por todas as maneiras achegarnos, tivemos ocasións, nunha delas ao final xérase o penalti. Sacamos un punto, creo que merecido porque houbo dúas partes claras".

Extrae como conclusión que "temos que dar o 100% durante todo o partido para pelexar por cousas e ser competitivos".

O gardameta branquiazul insiste en "dar o 100% cada momento porque con menos non te chega. Nin a nós nin a ninguén. Vimos como o Valladolid tivo máis intensidade na primeira parte e custounos igualala".

Finalmente, subliña Germán que "temos que igualar ao rival en duelos, en intensidade, en rigor ofensivo e defensivo. Viñámolo facendo, na segunda parte fixémolo, e hai que seguir así, estar metidos ao 100%, dar o 100% para optar a cousas bonitas".