RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Os Nosos aparcan a liga e aceleran cara á Copa del Rey deste xoves ante a UD Sámano

Os Nosos aparcan estes días LaLiga Hypermotion e céntranse no partido de primeira rolda da Copa del Rey no campo Riomar de Castro Urdiales ante a UD Sámano, este xoves 30 de outubro ás 21:00 horas (TVG).

Antonio Hidalgo dispuxo este martes, após unha activación, un xogo de posición e un exercicio de finalizacións.

Hugo Rios, Pablo García, Fabi, Iker Vidal, Bill e Samu, o central xuvenil que non pode xogar co primeiro equipo ata que cumpra o seu partido de sanción co Fabril após recibir dobre amarela ante o Oviedo Vetusta, foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Seguen con traballo personalizado Ximo Navarro, Escudero e Daniel Bachmann.

O Dépor adestrarase de novo este mércores 29 de outubro a partir das 10:30 no Dépor Training Center. Pola tarde, os convocados partirán de viaxe a Bilbao, cuartel xeral branquiazul de cara ao encontro de Copa.