RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Os Nosos, co obxectivo "no día a día, na semana a semana" comezan a preparar mañá mércores o partido ante o Levante UD

Despois da xornada de descanso de hoxe martes, Os Nosos volven mañá mércores 22 de xaneiro aos adestramentos de cara ao choque deste sábado 25 de xaneiro ás 18:30 ante o Levante UD (LaLiga TV Hypermotion, M+ e Fútbol 2) en ABANCA-RIAZOR.

Na rolda de prensa posterior ao partido no Plantío do pasado domingo, Óscar Gilsanz insiste en pór obxectivo "no día a día, na semana a semana porque os partidos aquí son todos moi igualados, moi complicados para o Burgos CF, para o Dépor e para todos".

Precisamente o triunfo ante os burgaleses, cos resultados da xornada, deixaron ao Dépor en 15ª posición da táboa con 28 puntos.

Como preparación do choque ante o Levante UD, o conxunto deportivista realizará 3 sesións de traballo matinais en Abegondo segundo esta planificación, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas:

Mércores 22 de xaneiro
11:00 h.

Xoves 23 de xaneiro
11:00 h.

Venres 24 de xaneiro
11:00 h.

Sábado 25 de xaneiro
18:30: Levante UD - Deportivo, en ABANCA-RIAZOR