RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Os Nosos, convencidos que "non quedamos tocados", encara a visita á Cultural Leonesa marcado o camiño a seguir para o resto de temporada

Miguel Loureiro subliñou o pasado domingo na zona mixta de ABANCA-RIAZOR que "non quedamos tocados" coa derrota ante o Real Racing Club.

Iso si, o futbolista coruñés admite que "esta clase de derrotas, cando a consideras inxusta, doe moito máis, diante de #ANOSAFORZA. Apetecíanos celebrar unha vitoria con ese ambiente espectacular e nun xaneiro complicado".

Loureiro lembra que "queda moitísima liga"; ademais marcado o camiño a seguir para o resto da temporada. Intensidade, compromiso, competitividade e unha posta en escena á altura do que esixe esta camiseta. 

O equipo de Antonio Hidalgo, 5º na táboa de LaLiga Hypermotion con 37 puntos, foi ante os racinguistas reconocible, dominador e valente. Só faltou o gol. E cando o fútbol se reduce a iso, a mensaxe interna é clara: esta é a liña.

ABANCA RIAZOR volveu ser, unha vez máis, un factor diferencial. O ambientazo vivido no estadio reforza a comuñón equipo-afección que é un dos grandes activos do Club. A bancada empuxou, animou e creu até o final. Esa conexión non se improvisa: constrúese con actitude e con respecto mutuo, e o equipo respondeu.

"Con estas sensacións, con esta conexión con #ANOSAFORZA, con esta maneira de competir vai ser moi complicado gañarlle ao Dépor en ABANCA-RIAZOR. Con iso témonos que quedar", subliña Miguel Loureiro.

O obxectivo final segue intacto: o equipo está a só 2 puntos do ascenso directo (ocupado polo CD Castellón con 39) e queda media liga por diante. Hai marxe, hai convicción e hai cadro.

Baixo estas premisas, e após o día de descanso deste martes 27, Os Nosos comezan este mércores a preparar a visita á Cultural Leonesa prevista para este sábado 31 de xaneiro ás 18:30 (LaLiga TV, TVG, GOL, TEN e Cayo TV) no Estadio Reino de León.

Antonio Hidalgo disporá de 3 sesións de traballo matinais no Dépor Training Center con esta planificación:

Mércores 28 de xaneiro
11:30 h.

Xoves 29 de xaneiro
10:30 h.

Venres 30 de xaneiro
12:00 h.

Sábado 31 de xaneiro
18:30: Cultural Leonesa - Deportivo, no Estadio Reino de León