RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Os Nosos, "nunha boa dinámica", arrincaron esta mañá a semana de adestramentos previa ao CD Tenerife

Os Nosos arrincaron esta mañá a semana de adestramentos "nunha boa dinámica", tal e como subliñou Ximo Navarro este mediodía na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

Despois de dous días de descanso, os deportivistas comezaron a preparar a seguinte cita ligueira, a visita do CD Tenerife a ABANCA-RIAZOR prevista para este domingo 20 de abril ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion).

"O equipo está moi ben. Este mes fixemos bos resultados", comentou o defensor branquiazul, con repouso deportivo.

Óscar Gilsanz, após unha activación con rondos, dispuxo un exercicio táctico e fútbol reducido, todo iso no campo 2.

Con Mario Soriano na casa debido a unha viriasis, tiveron adestramento personalizado Gauto e Dani Barcia; mentres que Alberto e Mardones foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 11:00 horas.