RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz admite que "non estivemos ben" e insiste en "seguir competindo e mellorando cada vez máis"

Óscar Gilsanz manifestou na sala de prensa de El Molinón que "ninguén que nos dedicamos a isto entendemos o fútbol, o deporte sen competir. Temos que seguir competindo e mellorando cada vez máis".

Pensa que "desde que cheguei levamos unha liña ascendente en canto ao rendemento do equipo. Loxicamente con algunha derrota como a de hoxe, que non estivemos ben. Temos que admitilo".

O técnico deportivista insiste en que o Dépor "leva unha liña ascendente e hai que seguir. Como máximo responsable voume a encargar de que compitamos sempre porque non entendemos outra maneira de sentir isto".

Óscar Gilsanz fala de "competir cada partido por nós, polo Club, por #ANOSAFORZA. Hoxe cun desprazamento de moitos afeccionados. Moitas veces nas vitorias agradecémoslle á xente, hoxe quérolles agradecer igual que se gañásemos. #ANOSAFORZA sempre está de 10, acompáñanos sempre, apóianos. E non teño máis que palabras de agradecemento para eles e de recoñecemento a esa actitude de animar sempre ao equipo. Non podemos estar máis orgullosos da nosa xente".

Conclúe que "no próximo adestramento hai que valorar o que pasou, ver os erros que cometemos, tentar mellorar ao equipo e ser cada vez máis competitivos, cada vez mellores porque no deporte, no fútbol non só competimos cos rivais senón tamén connosco mesmos".