RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz: "É moi importante ser competitivos até o final"

Óscar Gilsanz cre que mañá sábado 10 de maio ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion) ante o Sporting de Gijón en El Molinón "xogámonos moito. Temos un motivo importante en Gijón, onde van estar afeccionados, a clasificación é importante e é moi importante ser competitivos até o final".

Nesta liña, asegura que aos seus futbolistas pídelles "ser competitivos sempre, acelerar máis, non baixar os brazos".

Así mesmo, pensa que "fala da boa saúde do Club, do traballo de aquí en Abegondo, esta fin de semana que temos por diante. O Dépor ABANCA para tentar selar a salvación, o Fabril co partido de ida desa eliminatoria contra o UCAM Murcia e para o Xuvenil A ese partido de ida dos cuartos de final da Copa de Campións. E non nos esquezamos que o ABANCA B ascendeu de categoría co que o traballo aquí en Abegondo está a recoller froitos, está a ser moi bo".

O técnico deportivista, que pasou antes polo banco do Xuvenil A e do Fabril, destaca que "é para felicitarnos todos os que traballamos aquí e sobre todo os da base. Aproveito para desexar sorte ao Dépor ABANCA, Xuvenil A e Fabril de cara a estes partidos importantes".

Finalmente, do Sporting de Gijón lembra que "veu a ABANCA-RIAZOR nunha dinámica moi boa. Estaba en 3º ou 4º posto na clasificación. Enganchou unha xeira bastante mala e iso dános un pouco a idea do que é esta categoría".

Destaca que leva 2 vitorias consecutivas con Asier Garitano, sendo un equipo "que está a competir ben. É máis compacto, busca apertar alto e levar ao rival cara a fóra para, con transicións, ser capaces de facer dano. Ten moi bos futbolistas e ten capacidade con balón porque ten futbolistas de moito nivel".,

O adestrador branquiazul está convecido que "na súa propia casa, diante da súa xente, vai tentar facer un partido de ritmo alto, onde desde o inicio trate de marcar o ritmo do partido, e de ser capaces de levar o peso en canto a situacións de presión e de meternos no noso campo".

Finalmente considera necesario "ter personalidade e encarar un partido con moi bo ambiente de fútbol, con moita xente nosa. Creo que imos dar un bo nivel", conclúe Óscar Gilsanz.