RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Pablo Martínez asegura que "estamos a traballar para tentar non deixar escapar máis puntos e estamos moi enchufados para cambiar iso"

Pablo Martínez lamentouse esta mañá na sala de prensa dunha situación que se repite en LaLiga Hypermotion: "Temos o partido controlado e ao final empátannos ou nos gañan. Estamos a traballar para tentar non deixar escapar máis puntos e estamos moi enchufados para cambiar iso".

Admite que "nos custa manter un resultado. Sabemos o que temos que facer, traballalo cada día. En Málaga foi un partido bo, encaixamos ese gol ao final e mata un pouco".

O central francés explica que o tanto malacitano "é un despexe, unha pelota que vén, un centro... Cada un fixo unha falta. Eu tamén tiña que pechar un pouco máis o primeiro pau, pasoume o balón entre as pernas. Tivemos mala sorte. Concedemos pouco e en media ocasión márcannos un gol. Isto mata un pouco pero imos traballar e tentar mellorar iso", reitera.

Do Burgos CF, rival este domingo 19 de xaneiro ás 14:00 horas (LaLiga TV Hypermotion, M+ e Fútbol 2) no Plantío, opina que "é un equipo que gaña con poucos goles en casa. Fixeron dous 1-0 e un empate. É un partido difícil pero nós centrados en nós. Imos traballar esta semana e tentar traer os 3 puntos".