RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Pablo Martínez di que agora sabemos competir e Balenziaga, que o equipo estivo á altura

Pablo Martínez e Balenziaga pasáronse pola zona mixta do campo de Pinilla.

O defensor francés advertiu que o partido era "importantísimo, como todos; pero gañar aquí era un sabor especial pola xente que veu. Gozamos desta vitoria todos xuntos, coa afección que veu até aquí".

Insiste en que estes partidos, ante rivais que se xogan a permanencia "son durísimos, pero agora sabemos competir. Oxalá dure até final de temporada porque o merecemos. Queda camiño e hai que traballar até o final".

Subliña Pablo Martínez que "non nos desviamos do obxectivo, que era a vitoria. Encaixamos este gol moi pronto pero soubemos reaccionar, como vimos hoxe. Coa calidade que temos arriba cada xogador pode facer un gol".

Finalmente advirte que "cambiamos o chip. Pode pasar calquera cousa no campo que nós estamos centrados no obxectivo. Temos que seguir nesta liña até o final".

Pola súa banda, Mikel Balenziaga cualificou o triunfo como "un pasiño máis. Aínda queda moito, quedan moitos puntos en xogo. O vestiario está encantado co traballo que fixemos. É un partido moi complicado. Eles puxéronnolo moi difícil na primeira parte, tivemos calma. O equipo estivo á altura, con esa tranquilidade de ir por baixo no marcador. Puidemos marcar o empate aos poucos minutos. Fomos crecendo ao longo da segunda parte, partido completo, moi contentos e a seguir".

Explica que na primeira parte "apertáronnos mellor que na segunda, encerráronnos, non nos deixaron sacar o balón desde atrás como planearamos. Os partidos son así, costa moitísimo gañalos. Logo démoslle a volta no descanso, cambiamos algunha posición e algunha altura de xogadores para sacar mellor o balón. Na segunda parte viuse que había máis espazos. Eles tamén non estiveron tan intensos e grazas a iso levámonos os 3 puntos".