RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Pablo Vázquez cre que a temporada espertou un xene de unión que veu para quedar

Pablo Vázquez manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "foi unha temporada dura, de moita aprendizaxe, de darnos conta que unidos as cousas saen mellor tanto dentro como fóra do Club".

Por conseguinte, cre que esta campaña "espertou no deportivismo moitas emocións e un xene de unión que veu para quedar e que nos vai a servir para o futuro. Estou convencido de que foi boa en todos os sentidos e vai servir de precedente para, oxalá, as cousas bonitas que nos queden por vivir".

Así, apunta que "o Dépor ten unha historia e hai moita xente que non a coñece, que non a puido vivir. E o volver introducir aos nenos e á xente nova neste Dépor que conseguía cousas puxemos só a primeira pedra para que eles vexan moitos máis éxitos. Forxouse este ano algo especial e esperemos darlles moito máis a esa xente".

O central deportivista opina da Final de Campións ante o CD Castellón, cuxo primeiro partido se xoga este mércores 29 de maio ás 21:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e FEF TV), que "ser o mellor sempre é bo tamén de cara ao ano que vén. Ademais ao CD Castellón vino bastante e mola moito como xoga. Van ser dous partidos moi vistosos onde non vai haber ese compoñente de presión, de xogarche algo grande, pero si unha sensación de competitividade porque eles creo que foron os mellores. É a realidade. E a motivación de poder nunha eliminatoria ser mellor que eles é un bonito aliciente e acabar ben o ano, e ver dous partidos vistosos. O CD Castellón propón un fútbol moi, moi, moi bonito e vai ser divertido".

A nivel persoal, confesa sentirse "como quería sentirme antes de chegar aquí. Nunca tiven presión, ao contrario ilusión, motivación, ganas... Sentinme en plenitude da miña confianza, evidentemente con cousas que mellorar, pero sentinme como quería sentirme cando cheguei. Quería dar isto. Por iso estou satisfeito co meu traballo porque quería dar todo e espero poder seguir mellorando e dando moito máis".

Preguntado polas celebracións, pediu que "nos deixen gozar, porque o Dépor facía bastantes anos que non vivía unha alegría así porque foron 2 descensos e 3 non ascensos. E o fútbol ten moi poucos momentos así. Eu vivín moitos malos momentos para vivir un bo e iso gústache saborealo. Espero que veñan máis e que nos deixen gozar porque o mundo do fútbol vívense poucos momentos como este e que cada un o viva como mellor cre".

De feito, asegura que "todo o que mal que o pasei só polo que vivín aquí merece a pena. Os 10 anos que me peguei aí de malos momentos só polo deste ano merece todo a pena. E máis aquí, que é por 10".

De todos os actos destaca que "cando xa pensabas que xa se viviu todo, cando xa estabas até arriba de ver xente, de ver cousas fóra do común, atópasche aquilo, un camiño de bengalas cara á Torre de Hércules. É moi bonito porque vas ao símbolo da Coruña e atópaste a esa xente que se deixa a garganta todos os días en ABANCA-RIAZOR e estás agradecido a eles e emocionado de 'ostras, que fixemos algo grande'.

De cara á temporada que vén en Segunda División Pablo Vázquez advirte que "debemos cambiar un pouco a mentalidade. Eramos sempre o rival a bater estes últimos 4 anos, o club máis distinguido, pero agora chegas a unha categoría no que xa hai moitos equipos como nós en canto a cadro, a orzamentos, a afección... afeccións xa importantes. Vai ser un cambio de chip porque xa vai ser todo moito máis igualado. Vai ser unha guerra longa porque a Segunda é terrible. Debemos entrar na categoría con calma, sen pretensións de ningún tipo e como estabamos, unidos e a facelo o mellor posible".