RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Pablo Vázquez cre que "é un bo punto" e Villares márchase "cun sabor de boca raro"

Pablo Vázquez e Diego Villares, hoxe capitán, pasáronse pola zona mixta do Heliodoro Rodríguez López.

O central deportivista quixo en primeiro lugar "dar as grazas á xente que veu un mércores a Tenerife. Iso si que son heroes de verdade e non os das películas. Foi un partido moi disputado. Fixemos unha primeira parte moi completa e cando fóra de casa tes un penalti, 3 man a mans e gran parte da posesión hai que estar satisfeitos".-

Iso si, admite que "logo, no último tramo da segunda parte, sufrimos máis da conta, non colliamos ningún segundo balón, despexabamos e volvía rapidamente o balón á nosa área, e custounos defender eses arreones".

Conclúe que "é un bo punto. Fóra de casa custa gañar e hai que ser conscientes de que isto é moi duro".

Pablo Vázquez explica a segunda parte porque o CD Tenerife "necesita puntos urxentemente e é normal que no seu campo apértenche. No noso caso fatiga, fáltannos un pouquiño de pernas, un pouco de orde, saber que hai momentos do partido que non tes o balón e estes partidos hai que disputalos doutra maneira. Parece que aí temos marxe de mellora. Sentimos cómodos con balón pero hai outra parte do fútbol na que temos que incidir máis, que é ese sufrimento, meternos un pouquiño atrás, saber que hai que pelexar, gañar duelos, perseguir... Aí temos marxe de mellora".

Pola súa banda, Diego Villares comentou que se marcha de Tenerife "cun sabor de boca raro porque na primeira parte dominamos bastante con ese penalti e algún achegamento perigoso. Despois na segunda eles dan un paso adiante cos cambios e métennos un pouquiño máis atrás. Aí temos que estar máis acertados sen balón, que nos custa un pouco".

Lamentouse non acertar nalgunha contra porque "en calquera que teñan os de arriba, con espazo son letais".

Finalmente o capitán deportivista afirma que "a partir de que logremos a permanencia, espero que canto antes mellor, xa miraremos a outras cousas".