RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Pablo Vázquez cre que o partido requiría toda a atención e Jaime, que hoxe tocaba pelexar

Pablo Vázquez e Jaime Sánchez pasáronse pola zona mixta de Las Llanas.

O central valenciano viviu o encontro "moi concentrado. O partido requiría toda a atención, toda a atención posible. Sabiamos o contexto ao que nos enfrontabamos e a pesar de todas as circunstancias, un campo pesado, seco, o Sestao que non che deixa un metro... non foi un partido brillante pero había que sacalo da maneira que o sacamos. Estou moi satisfeito e moi contento porque todo o mundo correu ao máximo e o premio é moi merecido".

Admite que o FC Barcelona Atlétic, rival na seguinte xornada, "está a facer unha segunda volta á nosa altura. Son un gran equipo e o destino tennos reservado ese partido do domingo que vén en ABANCA-RIAZOR. Imos afrontalo coa maior serenidade posible, Club e #ANOSAFORZA; e a ver se o conseguimos".

Cualifica o próximo partido como "unha final. Polo traballo que fixemos durante toda esta segunda volta, o fútbol deunos a oportunidade no noso estadio de poder conseguir o obxectivo que todos queriamos e imos tentar aproveitalo desde a maior calma e serenidade posibles sabendo que é un partido como os que xogamos todo o ano".

Pola súa banda, Jaime Sánchez, hoxe no centro do campo, está "contento de axudar ao equipo. É un orgullo que o míster confíe en min en diferentes posicións, para min é moi bonito e eu encantado de axudar ao equipo".

Conscientes de que "o partido ía ser moi difícil, que o campo non estaba nas mellores condicións, hoxe tocaba pelexar, así o fixemos, conseguimos a vitoria, así que moi contento".

Cre que o partido do próximo domingo "é unha ocasión incrible. Vai ser un partido moi complicado pero imos ir a polos 3 puntos porque estamos a desexar ascender e esta semana imos dalo todo para que así sexa".