Pablo Vázquez e Barbero pasáronse pola zona mixta de El Molinón.
O central deportivista manifestou que "nos atopamos cun partido que non esperabamos moito. O Sporting moi atrás, nós demasiado tempo no noso campo para levar o balón. Atopámonos con moita rapidez na súa última fase de ataque. E cando non estás acertado e están tan xuntos, perdes balóns. Eles estiveron inspirados nesas conducións".
Cre que "na primeira parte fomos demasiado valentes, demasiado abertos".
Despois de sumar a súa segunda derrota consecutiva lonxe de ABANCA-RIAZOR, afirma que "fomos un equipo valente, recoñecible con balón e que fomos a polo partido desde o principio. É verdade que as circunstancias foron demasiado malas para nós. Con pouquiño o rival xerounos moito pero en liñas xerais en Santander e aquí fixemos un partido aceptable, competido, onde tentamos propor máis que o rival, que se levou demasiado botín".
Pablo Vázquez quixo "agradecer a #ANOSAFORZA que veu a Gijón. É verdade que estamos nunha posición na táboa que pode xerar dúbidas á nosa xente, pero non fallan".
Finalmente márcase como obxectivo "seguir crecendo, seguir facendo equipo de cara ao ano que vén. Queremos ser ambiciosos, seguir o noso camiño e prepararnos da mellor maneira para o que veña, que esperemos que sexa bo".
Pola súa banda, Iván Barbero, autor do seu 7º gol esta temporada, indicou que "o míster decidiu pór 2 dianteiros para ter máis presenza na área, aproveitar que Zaka (Eddahchouri) estaba con marca e eu entrar por sorpresa. Puiden marcar cun bo centro de Diego Gómez".
Despois de 2 partidos consecutivos marcando, desvela que "sempre lle pido a Mella, Yeremay... meter eses centros á área porque Moha (Bouldini), Zaka ou eu necesitamos eses centros para poder marcar. Hoxe puido ser así".
Cualifica de "impresionantes" a #ANOSAFORZA, que "sempre están aí" e pídelles que veñan a ABANCA-RIAZOR "para un partido moi bonito ante un Granada CF que se está xogando o play off".