RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Pablo Vázquez lembra que o domingo temos unha oportunidade e Jaime asegura que segue confiando neste equipo

Pablo Vázquez e Jaime pasáronse pola zona mixta do Estadio Reino de León.

O defensor valenciano cre que "empezamos ben o partido, o que pasa é que me dá a sensación que houbo moita interrupción na primeira parte, non colleu nunca ritmo o partido e ao final o que previamos, os detalles. O centro que meten para o gol, nós temos varios deses. Eles convértena, nós non a conseguimos meter. Non fixemos unha moi boa primeira parte polos paróns. E con todo na segunda saímos con forza, con enerxía pero non nos deu porque se meteron atrás".

Admite que "estamos fóra de play off, lonxe do obxectivo. Viñamos nunha moi boa dinámica de resultados, de sensacións. E hoxe non lle demos continuidade. Foi unha primeira parte frouxa e logo na segunda metade demos o cara pero non nos deu".

Pablo Vázquez cre que "non temos marxe. Temos unha oportunidade contra o líder, a 'Ponfe'. A afrontar cada partido como unha final a partir de agora".

Pola súa banda, Jaime Sánchez opina que a derrota é "dura. Sabiamos que era un partido importante. Non puido ser. Seguiremos traballando como o estamos facendo, corrixir erros e seguir, que queda moito. É verdade que hai moitos puntos até o primeiro pero hai que traballar, facelo o mellor posible e ao final de temporada veremos pero sigo confiando neste equipo".

O central, onte mediocentro, lembra que "non é a miña posición pero o míster confiou en min aí. Faltaba Jose Ángel e tentando axudar ao equipo en todo o que podo".

Entende que #ANOSAFORZA "estea encabuxada. Nós somos os primeiros interesados en facelo ben. É verdade que non están a saír as cousas tan ben como gustaríanos. Oxalá a afección siga confiando en nós. Entendemos que estean encabuxados e imos tentar darlles unha alegría, que o merecen".