Pablo Vázquez foi sometido a probas médicas para comprobar o alcance exacto das molestias que sufriu o pasado sábado no partido de adestramento ante o Fabril.
Os Servizos Médicos que dirixe o doutor Carlos Lariño comprobaron que sofre unha lesión muscular na súa cuádriceps esquerda.
O central deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia antes de comezar a etapa de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.