RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Parte médico de Ximo Navarro

Ximo Navarro foi trasladado ao Hospital Quirónsalud A Coruña ao acabar o partido de onte en ABANCA-RIAZOR ante o FC Cartagena para avaliar as molestias lumbares sufridas na xogada pola que foi expulsado a instancias do VAR.

As probas ás que foi sometido confirman a fractura de dúas apófisis transversas lumbares. 

O futbolista permanecerá en repouso deportivo durante un período non inferior a 6 semanas para despois iniciar fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.